Os tempos son chegados

Os tempos son chegados. Un balance da Galicia autonómica 1981-2021

Obra coral, editada polo Parlamento de Galicia no ano 2021, que conmemora o 40.º aniversario da autonomía galega. 

A obra, coordinada por Ramón Villares, está integrada por 18 capítulos, onde os autores, que son profesores das tres universidades galegas, fan un repaso destas catro décadas de autonomía dende diferentes perspectivas. 

O libro está prologado polo actual presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e conta coa presentación institucional do presidente do Parlamento e un epílogo con tres colaboracións a cargo dos portavoces dos tres grupos parlamentarios da Cámara galega da devandita lexislatura: Pedro Puy (PPdeG), Ana Pontón (BNG) e Luís Álvarez (PSdeG).